Este proxecto nace do traballo común de varias asociacións galegas. Trátase dun proceso de sensibilización e formación para a mocidade galega coa finalidade de que valoren os seus recursos propios e pensen no rural como unha posibilidade real de autoemprego. Este proxecto pretende desenvolver obradoiros formativos nas catro provincias galegas para amosar estas potencialidades e intercambiar experiencias de éxito, colaborando con proxectos de aquí, xustos e ecolóxicos que xa estean funcionando.
xoves, 12 de setembro de 2013
Queres anotarte nalgún obradoiro??
Pois iso, se queres anotarte nalgún dos obradoiros que quedan deixámoste aquí os links e as datas para que poidas facelo:
-18 e 19 de setembro, Verín: podes anotarte aquí. Neste intre quedan poucas prazas dispoñibles
Onde se celebrará?: na Casa da Xuventude que está na Avda de Portugal nº 11.
- 26 e 27 de setembro, Ribadeo: podes anortate aquí. Quedan tamén poucas prazas.
Onde se celebrará? Na Aula de Cultura Rúa del Viejo Pancho 12, ao lado da pastelería "A Candelaria"
- 2 e 3 de outubro, Baio (Zas): podes anotarte aquí. Celebrarase no Centro Sociocultural de Baio na Rúa Polideportivo s/n de Baio.
- 9 e 10 de outubro, Rianxo: podes anotarte aquí. Será no Centro Sociocultural Auditorio que está na rua Autores da Rianxeira de Rianxo.
Levamos xa varios, e os resultados están sendo moi enriquecedores, según nos falan as avaliacións e tamén para o equipo de traballo que vivimos unha experiencia diferente con cada grupo. Animádevos!
luns, 9 de setembro de 2013
Próximo obradoiro, Verín.
Despois da boa experiencia do Barco de Valdeorras a próxima parada será esta semana na Estrada (os días 11 e 12, onde volveremos a realizar unha nova edición do obradoiro.
Podedes anotarvos aquí, porque aínda queda algunha praza.
A seguinte semana estaremos en Verín. Quedan xa poucas prazas pero aínda podedes anotarvos. Será os días 18 e 19 de setembro en horario de tarde (de 16 a 21 horas).
Celebrarase na Casa da Xuventude, situado na Avenida Portugal, 11, ao lado de Protección Civil.
Para anotarvos chamar ao 698 16 17 60 ou escribir a formacioncova@outlook.com
Agardámosvos!!
Podedes anotarvos aquí, porque aínda queda algunha praza.
A seguinte semana estaremos en Verín. Quedan xa poucas prazas pero aínda podedes anotarvos. Será os días 18 e 19 de setembro en horario de tarde (de 16 a 21 horas).
Celebrarase na Casa da Xuventude, situado na Avenida Portugal, 11, ao lado de Protección Civil.
Para anotarvos chamar ao 698 16 17 60 ou escribir a formacioncova@outlook.com
Agardámosvos!!
martes, 3 de setembro de 2013
O 11 e 12 de setembro na Estrada
Xa podedes anotarvos na próxima edición do obradoiro "de aquí, xusto e ecolóxico" que será na Estrada os días 11 e 12 de setembro en horario de tarde.
Celebrarase na sede do Museo do Moble e da Madeira da Estrada, situado na Avenida Benito Vigo, ao lado de Protección Civil.
Podedes atopar máis información sobre o lugar aquí
Lembrade que para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte formulario
Agardámosvos!!
Celebrarase na sede do Museo do Moble e da Madeira da Estrada, situado na Avenida Benito Vigo, ao lado de Protección Civil.
Podedes atopar máis información sobre o lugar aquí
Lembrade que para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte formulario
Agardámosvos!!
xoves, 29 de agosto de 2013
Por que de aquí? por que xusto? por que ecolóxico?, desde a óptica feminista
A
dominación masculina sobre as mulleres, artellada no que coñecemos
como patriarcado, e a dominación que as sociedades capitalistas
exercen sobre a natureza, estrutúranse en estreita complicidade
dende as súas orixes.
A
división sexual do traballo ven relegando ás mulleres á esfera
doméstica e reprodutiva, construíndo o seu rol "natural",
o seu mandato de xénero; a esfera pública e o traballo produtivo
ficou en mans da masculinidade hexemónica, e é aí onde se xera o
poder, a riqueza, a toma de decisións e a valoración social. Os
coidados familiares, a crianza de fillas e fillos, a alimentación, a
saúde, o afecto, as relacións na comunidade... son caras dunha
mesma moeda, a da relación, á que patriarcado e capitalismo negaron
o valor. Gratuíto e invisible, o traballo reprodutivo desapareceu
das estruturas de poder, da esfera pública, da educación, da
ciencia, do discurso.
Da
mesma maneira, a natureza, nas sociedade urbanas e industrializadas,
convírtese en recurso económico que se ten en conta só na medida
en que pode monetarizarse e utilizarse no proceso de acumulación de
riqueza. O valor dos ecosistemas o dá a súa mercantilización, todo
o demáis queda fóra.
Desta
dobre opresión, das mulleres e da natureza, nace unha resistencia
cómplice, íntima. Desde a súa posición subalterna, as mulleres ao
longo do tempo, cos seus saberes e o seu día a día, conservaron o
valor da vida fronte o valor do diñeiro.
Non
é casualidade pois que sexan as mulleres as protagonistas nos
procesos de construción de alternativas ao sistema dominante, e que,
na crise que o atravesa, fagan da súa opresión unha fortaleza na
que inspirarse como modelos de cambio. As labregas seguen alimentando
os mercados locais e de proximidade cos seus produtos alleos á
agricultura a grande escala e manteñen as hortas e as granxas
familiares. Nos circuítos curtos de comercialización e a venda
directa (mercados, grupos de consumo, caixas semanais...) e todas
aquelas experiencias de re-construción colectiva (trocos de
sementes, de saberes, de axuda mutua...) teñen as mulleres un papel
predominante. Experiencias de resistencia todas elas que, coa súa
multiplicación, teñen a capacidade de virar o rumbo das nosas
sociedades.
A
ética dos coidados pode pasar de ser o molde opresor de xénero a
converterse nunha bandeira de loita para repensar o noso presente e
dar paso a que as emocións, os afectos, a saúde, a alimentación, a
terra, a auga, o ar, as árbores, as sementes, as relacións, os
animais... sexan considerados como elementos esenciais da vida,
valorados, recoñecidos e respetados na súa xusta medida.
As
mulleres, e os homes que queiran e saiban sumarse en
corresponsabilidade, temos a chave. É o xusto! E é dende o local
dende onde podemos construír realidades alternativas que servan de
espello no que mirar ese outro mundo posible.
Lara Alfaro. Sindicato Labrego Galego.
xoves, 22 de agosto de 2013
Próximo obradoiro no Barco de Valdeorras
Xa podedes anotarvos na próxima edición do obradoiro "de aquí, xusto e ecolóxico" que será no Barco de Valdeorras os días 6 e 7 de setembro en horario de tarde.
Celebrarase na aula de informatica, que está na Praza do Concello nº2, 2º andar do Barco.
Lembrade que para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte formulario.
Agardámosvos
Celebrarase na aula de informatica, que está na Praza do Concello nº2, 2º andar do Barco.
Lembrade que para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte formulario.
Agardámosvos
xoves, 8 de agosto de 2013
Por que de aquí, xusto e ecolóxico dende o punto de vista do comercio xusto e a cooperación
O
concepto de comercio xusto ten variado substancialmente desde a súaa
creación, hai xa unha chea de anos, ata a actualidade. A día de
hoxe case ninguén cuestiona que un comercio xusto de produtos
importados de comunidades en desenvolvemento no Sur non ten porque
entrar en competencia cos produtos cercanos, senón que, moi ao
contrario, o comercio xusto serve de marco definitorio sobre o que é
xusto para produtores e consumidores tamén aquí no Norte.
Existe
pois, unha necesaria cooperación entre o concepto de comercio xusto
máis clásico e a defensa dun mundo rural vivo, dunha produción
ecolóxica no noso entorno, sen máis desprazamentos nin
intermediarios que os necesarios e, en definitiva, da soberanía
alimentaria para os pobos, tanto no Sur coma no Norte.
Podemos
escoller produtos cercanos, ecolóxicos e de calidade, nos mercados
locais, tendas de barrio, de comercio xusto, cooperativas de
consumidores, etc.; e a continuación escoller, mediante a figura dos
círculos concéntricos, o resto de produtos que non atopamos aquí,
preferindo igualmente os de comercio xusto, ecolóxicos ou
artesanais, de pequenos produtores, e evitando as multinacionais e as
grandes cadeas de distribución alimentaria.
O noso
xeito de consumir condiciona, por tanto, o dereito das persoas
produtoras a vivir dignamente do seu traballo e permite reivindicar
desde as que somos consumidoras o dereito a saber o que mercamos, a
non apoiar situacións de explotación tanto das persoas como do
planeta e a consumir produtos bos e seguros para a nosa saúde.
Polo
tanto de aquí, xusto e ecolóxico xorde, ao mesmo tempo, como
necesidade e oportunidade nunha situación de crise na que temos que
deixar de cavar no pozo e construír presente e futuro baseados en
tres patas que son:
- De aquí, polo feito de apostar polo que temos máis preto.
- Xusto, por facermos unha sociedade máis equilibrada e solidaria.
- Ecolóxico, pola necesidade de vivir nun territorio máis sostible.
A súa
mistura nun contexto local e nunha visión global, permiten
aproveitar as experiencias positivas de desenvolvemento rural para
tecer as bases dunha cooperación que non distingue de fronteiras e
si de persoas.
Asdo.
Lucía Medina e Xabier Bruña
luns, 5 de agosto de 2013
Reflexións 1_Comercio Xusto Local: Do Comercio Xusto ao Consumo Responsable
Comercio Xusto Local: Do Comercio Xusto ao Consumo Responsable. Esta é a primeira presentación sobre a que vos convidamos a reflexionar.
Para acceder a ela pinchade aquí.
Está elaborada polo noso compañeiro da Cova da Terra Ringo Bruña e contén información crítica e de alternativas de moito interese.
Agradecemos a Ringo a súa colaboración e seguimos adiante. Esperamos sexa do voso interese.
Para acceder a ela pinchade aquí.
Está elaborada polo noso compañeiro da Cova da Terra Ringo Bruña e contén información crítica e de alternativas de moito interese.
Agradecemos a Ringo a súa colaboración e seguimos adiante. Esperamos sexa do voso interese.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)