Obradoiros
de formación sobre as oportunidades de emprendemento nun rural
sustentable e baixo os principios dun comercio xusto.
Experiencias
de éxito do Sur e do Norte.
A Asociación Cultural e de Cooperación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, presentan o proxecto: De aquí, xusto e ecolóxico, dentro da proposta de traballo Sensibilizando á mocidade rural galega, financiada pola Xunta de Galicia, co que se pretende achegar á poboación moza de Galicia as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural partindo de conceptos clave como son: a agroecoloxía, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, a cooperación e a soberanía alimentaria.
A
proposta é coordinar unha serie de obradoiros de sensibilización e
formación en diferentes concellos
das catro provincias galegas sobre a temática mencionada a través
dos que achegar á mocidade as oportunidades éticas e socialmente
responsables de emprendemento económico que ofrece o noso rural.